lunes, 23 de febrero de 2015

A vida de Rosalía

http://fuxu-fuxu.blogspot.com.es/2012/03/175-anos-rosalia-de-castro.html

Neste enlace poderedes atopar máis sobre a vida de Rosalía de Castro.

Eu son Rosalía porque ...

Podedes escoitar o poema de Rosalía: Adeus río, adeus fontes , na voz de Amancio Prada





 Poesía de Cantares Gallegos

  
Nasín cando as prantas nasen, 
no mes das froles nasín, 
nunha alborada mainiña, 
nunha alborada de abril. 
Por eso me chaman Rosa, 
mais a do triste sorrir, 
con espiñas para todos, 
sin ningunha para ti. 
Des que te quixen, ingrato, 
todo acabou para min, 
que eras ti para min todo, 
miña groria e meu vivir. 
¿De que pois te queixas Mauro? 
¿De que pois te queixas, di, 
cando sabes que morrerapor te contemplar felís?
 Duro cravo me encravaches
 con ese teu maldesir, 
con ese teu pedir tolo 
que non sei que quer de min, 
pois dinche canto dar
 pudenavariciosa de ti. 
O meu corasón che mando
 cunha chave para o abrir, 
nin eu teño máis que darche, 
nin ti máis que me pedir.

jueves, 12 de febrero de 2015

Antefaces do Entroido

Esta semana comezamos o Entroido no cole puidemos ver as ganas de festa de moitos dos rapaces e rapazas. A maquillaxe foi sen dúbida a grande triunfadora.
Aquí vos deixo algunhas máscaras interesantes que podedes fabricar vos mesmos.



miércoles, 11 de febrero de 2015

Xa estamos no Entroido













Eu no Entroido teño medo
deste feo cigarrón;
vai choutando pola rúas
as súas chocas fan ¡tolón!
Faremos as caroutas,
troulearemos a cachón.
Pero gústame o Entroido
polos grelos e o lacón,
pediremos polas portas
filloas, chulas ,roscóns...
a cachucha, os chourizos
o entrecosto e os roxóns.
                   Ana Mª Fernández


dominó das tablas

xoga coas tablas